Gareth de Gazost - Gareth Evans (galego)
English Français Castellano Galego

Quén son eu ?


banner : photo of Gareth Evans

¡ Ola ! Son Gareth, un Técnico Deportivo de Media Montaña cunha formación profesional en tradución e a ensinanza de idiomas (castelán e inglés). Levo toda a vida explorando as montañas de Europa, África, Asia e Sudamérica a pé ou en bici, e agora o meu traballo consiste en guiar aos demáis polas montañas tanto no verao como no inverno.

Nacido no Reino Unido, estou agora ben instalado ao pé dos Pirineos Centrais en Argelès-Gazost. Tamén tiven a sorte de vivir durante moito tempo no norte de España, as Highlands de Escocia e no macizo central de Francia, dándome un coñecemento profundo sobre un gran número dos macizos máis fermosos de Europa Occidental. Encántame compartir as miñas experiencias cos demáis e podo axudarvos a aprender máis sobre a xeología, a natureza, os idiomas, e a historia e costumes locais. Levo a clientes que me contactan directamente, ademáis de traballar en colaboración con empresas locais de trekking como La Balaguère, por exemplo. Cando non estou a traballar, poderedes atoparme explorando as montañas na busca de novos retos e ideas, ou subindo en bici a un dos moitos portos de montaña arredor de Argelès-Gazost.

Créditos do sitio e información legais