English Français Castellano Galego

Onde estou ?

Estou baseado en Argelès-Gazost, un pobo termal con mercadillo semanal que se sitúa ao pé da parte central dos Pirineos franceses.


Esta zona é o sitio perfeito para facer unha viaxe á montaña. Dentro de moi pouca distancia temos montañas de todos os tamaños e formas, o que me permite organizar camiñatas e viaxes para todo tipo de grupos e abilidades. Dende picos graníticos vertixinosos a suaves outeiros verdes con terrazas calcáreas, hai algo para todos os gustos no noso val! E con fragas impresionantes e fermosos lagos de alta montaña, podemos atopar itinerarios alternativos no caso de mal tempo (case) sempre!

  • Xullo, agosto e setembro son os meses de verao: en xeral vai calor con algunhas tardes de treboada, e é a mellor tempada para tentar subir aos picos máis altos ou saír a facer expedicións máis longas dun refuxio a outro.
  • Outubro y novembro son moitas veces os mellores meses: as fragas tíñense de todos os diferentes tonos de ouro, amarelo y laranxa, as primeiras nevadas chegan aos tresmiles, e as temperaturas nos vales seguen suaves, normalmente arredor dos 20 graos.
  • Decembro, xaneiro, febreiro e marzo son os meses para saca-las raquetas de neve, pero seguimos tendo a opción de itinerarios de menor altitude tamén.
  • Abril, maio e xuño son os meses de primavera e é tamén un bo momento para vir aquí: as temperaturas son en xeral moi cálidas, os campos énchense de flores e os picos máis altos seguen cubertos de neve.

Argelès sitúase a tan só 15 minutos da famosa cidade de Lourdes (con aeroporto internacional) e está comunicado cunha autovía de dous carriles, facilitando o acceso ao val. Si necesitades axuda coa organización do voso transporte ou aloxamento, ponédevos en contacto comigo e estarei encantado de botarvos unha man.

Dende Argelès é fácil organizar saídas e expedicións nas zonas de Gavarnie (fervenza máis alta de Europa) e o Val d'Azun, ademáis do Pais Basco e Aragón en España. Os cumes coñecidos de Monte Perdido, Balaitus, Vignemale, Midi de Bigorre e Midi d'Ossau están todos muy perto, ademáis doutras xoias menos famosas como o Pic de Viscos, o Midi d'Arrens, o Pic de Leviste e outros.

No entanto, non estou limitado a esta zona! Tamén estaría encantado de organizar saídas e guiar en outros macizos montañosos en calquera pais do mundo, pero notablemente nos Picos de Europa e a Cordilleira Cantábrica en España, o Macizo Central francés, o Nepal e os Himalayas, ou en calquera sección do Camiño de Santiago. Ponédevos en contacto comigo se isto vos interesa.

Créditos do sitio e información legais