English Français Castellano Galego

Condicións de venda

Á hora de facer unha reserva, todos os clientes deben confirmar ter lida a lista de material e asegurarse de ter unha póliza de seguro antes de comenza-la viaxe.

Non podo responsabilizarme de quen veña sen o material adecuado ou de quen elixa facer caso omiso dos consellos atopados no sitio Web. Mentras que teño unha responsabilidade profesional e o deber de coidar adecuadamente dos meus clientes, todas as persoas que reserven unha viaxe deben tomar consciencia de que a montaña é un medio potencialmente perigoso e actuar en consecuencia. Adaptaré as viaxes ás necesidades de cada grupo de clientes pero tamén é posible que teña que axustar os itinerarios por razóns de seguridade. Tomar estas decisións dentro dun medio en constante evolución e para a vosa seguridade é o traballo do guía.

O prezo acordado será pagado de forma anticipada e unha modificación do itinerario non cambiará o prezo en ningunha ocasión (consultade esta páxina para as miñas tarifas e opcións de pago). No entanto, efectuarase un reembolso completo se teño que cancela-la saída por razóns de enfermidade ou por condicións meteorolóxicas extremas e se non é posible atopar un itinerario alternativo ou un guía substituto.

Créditos do sitio e información legais