English Français Castellano Galego

Raquetas de neve e noite baixo as estrelas

Un programa variado nos lugares máis fermosos dos Altos Pirineos franceses, e todo cun gran sorriso! Aconsellareivos sobre o uso das raquetas e despois contemplaremos as vistas insuperables da cordilleira dos Pirineos. Buscaremos as pegadas de animais así como recunchos segredos e salvaxes! Hai tamén saídas baixo as estrelas.

O aluguer de raquetas e bastóns incluido dentro dos límites do stock. Segundo as condicións de neve e o tempo, o programa pode ser modificado: adaptarémonos e seguiremos a sorrir!

**sería posible troca-lo día e a hora das saídas, poñédevos en contacto comigo para saber máis

OPINIONS DOS CLIENTES E RESERVACIONS: Activité de loisirs dans les Hautes-Pyrénées

Programa Raquetas de Neve (decembro - abril)

  • LUNS : 09h30 - 17h00 OS LAGOS XEADOS DA RESERVA NATURAL DE NÉOUVIELLE - aventura salvaxe nun paraíso natural
  • MARTES :
    • 10h00 - 13h00 O PICO DO NERBIOU - unha curta cresta para descubrir un panorama dende a chaira de Tarbes ata a Brecha de Rolando.
    • 14h00 - 17h00 OS CAMIÑOS SEGREDOS DO HAUTACAM - atoparemos os pequenos recunchos escondidos e menos frecuentados do Hautacam. ¡Unha pasada!
  • MÉRCORES :
    • 09h30 - 13h00 VAL D'AZUN - saída familiar e lúdica á búsqueda de pegadas (¡e caca!) de animais, con vistas para cortarte o alento.
    • 13h30 - 17h00 VAL D'AZUN - saída familiar e lúdica á búsqueda de pegadas (¡e caca!) de animais, con vistas para cortarte o alento.
  • XOVES : 10h00 - 16h00 O LAGO DE ISABY "A ESCOCESA" - paisaxe de tarxeta postal, por camiños pouco coñecidos, à busca dos cervos e unha lenda fascinante. E quizàis unha pequena sorpresa "escocesa" para viaxar no espazo !
  • VENRES : 10h00 - 16h00 A GRAN VOLTA DO HAUTACAM - crestas, mesetas, fragas, imos a exploralo todo. A variedade daranos o sorriso !
  • SÁBADO :
    • 09h00 - 13h00 GAVARNIE - "Gran Sitio" dos Pirineos e patrimonio da UNESCO, o circo de Gavarnie serve de tela de fondo para a nosa camiñata. Historia, xeoloxía, lendas, cultura....sempre hai de qué falar neste espectacular recuncho do mundo a cabalo entre España e Francia.
    • 13h30 - 17h00 GAVARNIE - "Gran Sitio" dos Pirineos e patrimonio da UNESCO, o circo de Gavarnie serve de tela de fondo para a nosa camiñata. Historia, xeoloxía, lendas, cultura....sempre hai de qué falar neste espectacular recuncho do mundo a cabalo entre España e Francia.
  • DOMINGO :
    • 09h00 - 13h00 PONT D'ESPAGNE - "Gran Sitio" dos Pirineos coa súa famosa ponte. Sobre o menú, o Lago de Gaube, vistas da cara norte do Vignemale (o pico máis alto dos Pirineos franceses), historias e lendas e quizáis sarrios (rebecos pirenaicos) !
    • 13h30 - 17h30 PONT D'ESPAGNE - "Gran Sitio" dos Pirineos coa súa famosa ponte. Sobre o menú, o Lago de Gaube, vistas da cara norte do Vignemale (o pico máis alto dos Pirineos franceses), historias e lendas e quizáis sarrios (rebecos pirenaicos) !
  • Os lagos xeados da reserva natural de Néouvielle
  • Pico do Nerbiou
  • Os camiños segredos do Hautacam
  • Val d'Azun
  • O lago de Isaby
  • Gran volta do Hautacam
  • Gavarnie
  • Pont d'Espagne
  • Noites do Hautacam

Ademáis, todas as noites :

  • 20h30 - 23h00 NOITE BAIXO AS ESTRELAS (tamén posible 17h30 - 20h15) - reemplaza a túa noite diante a tele cunha camiñata de raquetas baixo as estrelas sobre as crestas do Hautacam, na Reserva Internacional do Cielo Nocturno. Déixate sorprender pola profundidade do universo, contempla as luces dos pobos baixo os teus pés, descubre as constelacións máis importantes, ou deixa que a lúa cheia ilumine o teu camiño baixo a vía láctea. Acórdate que dous tercios dos animais salvaxes son nocturnos, así que temos boas posibilidades de ver algo alí arriba! Para grupos, será tamén posible incluir unha experiencia gastronómica de alta montaña por só 15 euros máis por persoa!!

Se tedes algunha outra suxestión, podedes contactarme e verei o que podo facer.

Créditos do sitio e información legais