English Français Castellano Galego

Guía de material

Aquí atoparás 3 listas.
A primeira é a lista de material básico que debe traer todo o mundo.
A segunda inclúe cousas adicionais para os trekkings de verán de varios días.
A terceira é para as viaxes invernais.
Os artículos opcionais son marcados con *.
Na túa tenda de montaña máis próxima poderán axudarche a elexir. Tenta minimizar o que levas, sobre todo para as viaxes de trekking de varios días.

Nota important : debes levar botas con apoio no nocello e unha chaqueta impermeable. Non se te permitirá participar se só levas pantalóns vaqueiros e zapatillas de deporte ou se non levas impermeables. Ademáis, debes ter un seguro adecuado e trae-la túa tarxeta sanitaria europea.

Tamén é posible descargar estas listas en formato PDF para imprimir, fai clic aqui : Lista de material - versión para imprimir.


Lista básica

  • Mochila pequena (25-30 litros é suficiente), mellor con moitos compartimentos e impermeable (isto debería ser suficientemente pequeno para equipaxe de man coa maioría de aerolíñas)
  • Documentos de seguro e persoais, tarxeta de débito, efectivo, contactos en caso de urxencia
  • Botas (ver arriba) e chaqueta e pantalóns impermeables (materiais respirables son mellores)
  • Pantalóns cortos, pantalóns longos lixeiros, un par de camisetas sintéticas (o algodón é malo), ropa interior e calcetines cómodos, zapatillas ou sandalias para as noites
  • Tiritas para ampolas, artículos de hixiene e medicación persoal, analxésicos etc.
  • Crema solar de factor alto, bloque total para os beizos, gafas e gorro para o sol
  • Botella de agua de 1 litro e comida energética de emergencia (compraremos o resto o primer día)
  • *Bastóns de trekking recomendados para viaxes con moito desnivel
  • Ropa de abrigo, luvas para o frío
  • Navalla para os almorzos e para cortar queixo etc (non a leves na equipaxe de man !)
  • *Cámara, prismáticos, móbil, libro, dicionario de peto, bloc de notas, bolsiñas e fundas impermeables
  • Linterna frontal e pilas de reposto
  • *Segunda bolsa para deixar ropa limpia e obxectos persoais no hotel ou no minibus

Artículos adicionais para trekkings de varios días

  • Mochila máis grande (adoita ser suficiente unha de 45 litros) para comida e ropa adicional
  • Efectivo adicional para paga-los refuxios
  • Saco-sábana lixeiro (seda é mellor pero máis caro; os refuxios nos dan as mantas)
  • *Toalla de viaxe pequena e lixeira
  • *Outra capa de ropa de abrigo porque vai frío nos refuxios de montaña polas noites (incluso no verán)

Artículos adicionais para viaxes de inverno

  • Luvas de reposto (recoméndanse manoplas se sufres moito de te-las mans frías), gorro para o frío, polainas
  • Outra capa de ropa de abrigo e un par de camisetas térmicas (pregunta na túa tenda de montaña)
  • Asegúrate de ter unha mochila con correas laterais porque pode que teñamos que usalas para leva-las raquetas de neve
  • Non esquezas traer crema de sol para pel e beizos porque o sol é aínda máis perigoso no inverno polo reflexo intenso da neve !
  • *Un « buff » o « braga » para a cabeza/pescozo
  • *Un termo para levar bebidas quentes
  • *Ao mellor poderías considerar unhas botas máis robustas e quentes cunha sola algo máis dura e cortante. Sen embargo, non se requeren botas especiais para andar con raquetas de neve

Créditos do sitio e información legais