English Français Castellano Galego

Seguros

O rescate en montaña non é gratuito y teredes que ter un seguro adecuado antes de participar nas viaxes. Eu estou cuberto por accidente persoal e responsabilidade profesional pero recoméndovos fortemente contratar o voso propio seguro antes de vir. A cobertura da póliza debe inclui-la actividade de sendeirismo nas zonas onde vamos facer as nosas saídas.

Tamén vos lembro que é preciso traer unha tarxeta sanitaria europea (se non tedes, pódense pedir no voso médico de cabeceira). É unha tarxeta gratuita que che garante os mesmos dereitos sanitarios que un residente local nun país europeo que non sexa o teu. No entanto, hai que ter coidado tamén porque a atención sanitaria non é totalmente gratuita en todo-los países de Europa (ao contrario do que che poden contar por alí). En Francia, por exemplo, o estado só che cubre entre un 60% e un 70% dos teus gastos médicos e incluso os residentes locais terían que sacar un seguro privado para cubri-los gastos restantes que puidese haber. Ao mellor vos interesaría comprobar que calquera seguro de viaxe adicional cubre tamén esta eventualidade.

Lémbrolles formalmente que : « a escalada, o sendeirismo e o montañismo son todas actividades con risco de lesión persoal e morte. Os que participen en ditas actividades deben ser conscientes disto, acepta-los riscos da súa decisión de participar, e se-los responsables das súas propias accións » (declaración de participación do BMC).

Créditos do sitio e información legais