English Français Castellano Galego

Contacto

Para información xeral, contratacións como autónomo e reservas anticipadas, o meu email é
envelope garethdegazost@gmail.com

Para reservas de último momento ou saídas de xornada se xa estades na zona (Lourdes, Argelès-Gazost, ou os vales veciñais), será mellor chamarme por teléfono: 0781510460.

Nos dous casos é necesario tentar contestar ás seguintes preguntas para que poida atopa-la mellor opción para cada caso particular: (en TODOS os casos podo enviarvos un itinerario completo se o desexades)

  • Cales son as datas (ou data) que che interesan ?
  • Media xornada/xornada completa/expedición de varios días ? Se varios días, cantos ?
  • Xa tes pensada unha saída ou un trekking específico? (ver a miña lista de suxestións)
  • Queres reservar os meus servicios para un grupo xa feito ou prefires pagar como individuo ?
  • Se é un grupo, cantas persoas ?
  • Cales son as idades das persoas no teu grupo ?
  • Hai algunha persoa no grupo cunha condición médica que eu debería coñecer ?
  • Cal é o voso obxetivo ? Ou que tipo de viaxe queres ? (raquetas de neve, lagos, picos, fragas, gastronomía, observación da natureza, orientación e mapas, cumes fáciles, familia, idiomas, reto físico ?)
  • Que experiencia previa tedes de sendeirismo na montaña ?
  • Tedes un bo nivel de forma física ? Facedes exercicio de forma regular ?

Nota important: Todos os participantes deben ter un seguro persoal e le-la lista de material necesario e as condicións de venta.

Créditos do sitio e información legais